As traballadoras preñadas da administracion de xustiza van ter este ano unha semana menos de permiso por parto que as traballadoras da administracion autonómica da Xunta de Galicia e, o ano que ven, duas semanas menos, e dicir, as traballadoras da administración de xustiza van ter, de ordinario, 16 semanas, mentras que as traballadoras autonómicas van ter 18 semanas. A administracion autonómica da Xunta de Galicia non está disposta a estender este dereito ás traballadoras xudiciais por entender que non están incluidas na función publica galega sen embargo, para quitarlles o CAT durante catro anos, si que estaban na función pública galega. Este é o gorberno do PP que saiu das urnas e ao que se lle enche a boca falando de conciliación da vida familiar e que pretende facernos crer que promove accions para favorecer a natalidade. Deste xeito pensamos que non...
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZUlaWGxaMUtHWlU/view?usp=sharing
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZUlaWGxaMUtHWlU/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario