A AUDIENCIA NACIONAL RECOÑECE O DEREITO SOBRE COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DO PERSOAL INTERINO ANTERIOR A 1990
A Audiencia Nacional, con estas duas sentenzas dictadas pola mesma Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo en datas 30/09/2015 e 19/11/2015, acaba de zanxar a discriminación existente con respecto ao persoal interino de xustiza que realizou funcións con anterioriade ao ano 1990, en contraposición co persoal da Administración Xeral do Estado polo que si se cotizaba neses anos. A paritires do ano 1990 esta falta de cotización deixou de existir, pois o Real Decreto 960/1990, de 13 de xullo correxiu esta discriminación.
Esta falta de cotización non vai a afectar a aqueles funcionarios titulares que pertencen actualmente ao réxime de clases pasivas e aos que no seu día lle foron recoñecidos eses servizos a efectos de trienios e das prestacións de xubilación por idade, incapacidade e de morte e supervivencia.
O peor de todo e que agora todos pretendemos apuntarnos o tanto e andamos a vender o peixe coma tolos, cando, o que hai que facer é prantexar reclamacións, seguilas polo seu curso legal e gañalas, e non aproveitarse tanto do traballo alleo.
Ligazón sentenzas AN:
Comentarios
Publicar un comentario