Lémbrase que para que o persoal funcionario que se incorpora a un novo
destino por causa do concurso de traslados poida ser dado de alta nas
distintas aplicacións é necesario que o/a responsable funcional do
órgano (letrado/a da Administración de xustiza, fiscal xefe ou
coordinador/a da oficina fiscal e subdirector/a do Imelga) tramite a
conseguinte autorización ante o CAU. Para isto deberá utilizarse o
formulario que se atopa na intranet: Espazo TIC /Atención ao usuario/Xestion da conta de usuario ou na ligazón que vos poñemos abaixo
Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos coma
os que se trasladan dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia
terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos
os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes
mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que
considere oportuno.
Ligazón modelo Xestión da Conta de Usuario:
Comentarios
Publicar un comentario