O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) ven de condenar a súa
propia Secretaría de Goberno por “enchufar” a unha secretaria xudicial
substituta, amiga do anterior secretario coordinador provincial de
Barcelona, nun destino no que se saltaron todas as normas que se
aplican neste tipo de nomeamentos.
Isto mesmo podería pasar en Galiza (non dicimos que estea a suceder) posto que as listaxes de nomeamento de secretarios substitutos escapan a todo control posible, a pesares da insistencia das centrais sindicais de participar nas mesmas como supervisoras dos nomeamentos realizados, do mesmo xeito que se fai no tres corpos xerais.
Ligazón nova "CONFILEGAL"
Comentarios
Publicar un comentario