Saltar ao contido principal

PLAN DE FORMACIÓN TRAS O CONCURSO DE TRASLADOS

Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, e non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén por mor de cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.
Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:
1.       O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo.
2.       A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras comunidades autónomas conterá, ademais dos aspectos específicos do seu posto, os organizativos e relativos ás aplicacións de apoio existentes na Administración de xustiza en Galicia.
A todos os funcionarios que se trasladen, segundo se incorporen aos seus postos asignaráselles un titor que os asesorará e guiará na consulta dos materiais formativos dispoñibles na intranet de Xustiza e, ademais, resolverá as súas dúbidas nas sesións de titorías que se levarán a cabo semanalmente. 
Programaranse sesións formativas a través de videoconferencia para os usuarios con maiores necesidades formativas para o desempeño do novo posto.  O calendario destas actividades e os aspectos relacionados coa inscrición nas mesmas serán comunicados previamente a través da intranet de Xustiza. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr