Segundo informou o Ministerio de Xustiza está previsto que o vindeiro luns, 28 de novembro, se publique no BOE a resolución do concurso
de traslados xenérico de Médicos Forenses convocado en maio deste ano.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario