Saltar ao contido principal

SUPERPERITOS DE OFICIO NAS ACTUACIÓNS XUDICIAIS EN GALICIA

Recentemente, na páxina de CONFILEGAL do pasado 30-10-2016, saía publicado un artigo moi interesante do avogado Felipe Fernando Mateo Bueno, baixo o título :¿Qué tres tipos de “peritos mentirosos” existen en los Juzgados de Familia?. Traemos agora a colación este artigo, para incidir neste problema que non só é unha mala práxis (non xeneralizada, grazas a deus) dos peritos de parte que comparecen nos nosos xulgados, se non que tamén, os peritos de oficio, que en moitos casos designa a administración, que carecen tamén, nalgunhas ocasións, dos coñecementos suficientes para emitir correctamente o informe pertinente. Esta mala práxis exténdese coma un veleno tamén ao órgano xudicial pois, quen recorda que nun acto de xuízo o maxistrado pregunte ao perito, antes de empezar a súa declaración, de onde lle ven o seu coñecemento sobre a materia obxecto de pericia (Art. 340 Lei de Axuizamento Civil); da mesma forma que non se pregunta as/os letradas/os si están colexiados nin se verifica dito extremo, como si SSª coñecese a todas/os  os colexiados de España. 
A dinámica dos xulgados, en moitos casos saturados, e a mala práxis ya comentada, provocan esta falta de control sobre un aspecto tan importante como é  a da proba pericial sobre unha materia na que o maxistrado está totalmente pez. No caso de Galiza (a lo menos na provincia de Pontevedra) esta situación, en canto as periciais de oficio, é bastante sangrante, porque en apariencia, a empresa privada que se encarga das mesmas (vamos, á  que lle foi adxudicada dita función no correspondente concurso público; e o foi por ofrecer un conxunto de peritos diferentes para as diversas materias e áreas establecidas nas bases de dito concurso) o debería de facer dun xeito correcto. O máis curioso do caso e que se trate de xoias, dunha caixa de peixe fresco, dunha finca, ou dun cohete espacial, etc. sempre é o mesmo perito o que emite informe (claro, así non hai que pagar a ningún outro e todo queda na propia empresa), sen que ninguén, en ningún tribunal da nosa comunidade autónoma, cuestione o seu coñecemento sobre a materia obxecto de pericia; claro, como o manda a administracion, a ninguén no xulgado (Maxistrada/o, Ministerio Fiscal Letrada/o, funcionarias/os, avogados da acusación, avogados da defensa, etc.) se lles ocorre preguntarlle de onde lle poder vir tan amplo coñecemento sobre tan diversas materias, o que ao final acaba, coa inacción de todos, por producir una valoración fraudulenta ou, cando menos, incorrecta. Por iso sempre funciona mellor a empresa privada que o servizo público, non si?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr