Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 19 DE DECEMBRO



Este luns día 19 tivo lugar unha Mesa de negociación entre as centrais sindicais e a Dirección Xeral sobre os seguintes puntos do día:

1. CREACIÓN DE NOVOS XULGADOS  E COMISIÓNS DE SERVIZO PARA DOTALOS
            A DX puxo sobre a mesa a posibilidade de crear o Xulgado do Social nº 6 de A Coruña cun só auxilio e crear o outro no servizo de apoio, posibilidade que rexeitamos de plano. Tamén solicitamos a creación de tantas prazas de auxilio nos servizos de apoio daquelas localidades nas que crearon e van crear novos órganos.
            En canto ás comisións de servizo, aceptáronse varias das alegacións feitas por este sindicato (único que as remitiu previamente por escrito á Admón.) en canto a darlle preferencia ao persoal destinado en Galicia  e cubrir con substitucións as prazas dos adxudicatarios.
            Nembargante, a DX non soubo precisar a data de entrada en funcionamento dos mesmos.
2.  CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS DE REFORZO
            A vindeira semana terá lugar outra reunión para falar da intención da DX de crear prazas en varios órganos que teñen na actualidade persoal interino de reforzo (ente eles, Decanatos e Imelga), por considerar necesaria a ampliación do cadro de persoal. Para iso, a CIG solicitoulle, unha vez máis, a relación de prazas que se veñen amortizando nos últimos anos.
3. GARDAS DOS MÉDICOS FORENSES
            Neste punto, a CIG volveu a solicitar, por  enésima vez, as gardas de 24 horas para Vigo e A Coruña, por considerar que é o único xeito de solucionar toda a problemática que se está a ocasionar con motivo dos descansos obrigatorios. Sen embargo, a DX segue enrocada na súa negativa con falsos argumentos e teima en andar con parches que só van perpetuar a complicada situación  actual.

4. PRÓRROGA DA ACTUAL BOLSA DE PERSOAL INTERINO
            Ante a vontade da DX de prorrogar a bolsa vixente, a CIG solicitou que se comece xa coa negociación dunha nova orde que recolla as modificacións interesadas por este sindicato e  rexeitou a eliminación da preferencia de titulares sobre interinos nos casos de cambio de situación xurídica recollidos no apartado 1 do artigo 21 da presente bolsa; de feito, a DX comprometeuse a aplicar este criterio en varios casos que se están a producir na actualidade. Unha vez identificadas as prazas que se atopen  nesta situación (rondan a decena), ofertaranse para a súa cobertura mediante  substitución.

5. VARIOS
            A CIG solicitou o apoio da DX na negociación coa Xunta da creación dos novos equipos psicosociais do IMELGA.
Ademais, pediu explicacións sobre a falta de información ás centrais sindicais da marcha das obras da Fábrica de Tabacos de A Coruña e denunciou que se están a facer as ubicacións dos distintos órganos sen escoitar á representación do persoal que maioritariamente vai empregar as instalacións, o que seguro que provoca á hora do traslado desagradables sorpresas. O único que o Director puido aclarar foi que se prevé o fin das obras para febreiro, sen poder precisar a data do traslado.
A petición da CIG, a D.X. compremeteuse a dictarlle  instrucións ás habilitacións provinciais,  para que nos casos de traslado de provincia por substitución,  a regularización da nómina non se liquide ata que conste a alta na provincia de destino.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.