Saltar ao contido principal

O MINISTERIO INTENTA NINGUNEARNOS AO NOIN CONVIDARNOS A UNHA XUNTANZA CO RESTO DE CENTRAIS SINDICAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

 As Seccións de Xustiza dos sindicatos CIG e ELA denunciamos ante a Secretaría de Estado de Xustiza a falta de consideracion  ao non ter sido citados, no día de onte, 21/12/16, á xuntanza que se celebrou no Ministerio de Xustiza entre a Secretaria de Estado de Xustiza e o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, coas organizacións sindicaís estatais. A díta reunión tiñamos o dereito sindical a ser citados e a acudir, toda vez que, á luz das informacións publicadas, se trataron temas de ambito estatal tales como:

  • Recuperación dos TRES DÍAS de asuntos  particulares, que esixen unha modificación da LOPX e lle serían aplicables  a todas as/os funcionarias/os de xustiza do estado.
  • Tamén en relación á OEP da que se falou sobre a posibilidade ou non de acumulación das OEP 2015 (Médicos Forenses), OEP 2016 e  a vindeira OEP 2017, cuestión esencial que afecta a todos os ámbitos territoriais.
  • Negociación das substitucións e plans de formación. Neste tema, só en canto ás substitucións que, sein prexuízo da súa regulamentación autonómica, tamén teñen unha vertiente aplicable a todo o colectivo funcionarial.
  • En relación aos descontos retributivos nas baixas por IT, das que se falou para extender o acordo alcanzado no ámbito ministerial ao resto de CCAA.
  • Tamén se falou da disposición do Ministerio a solucionar o problema derivado da falta de cotizacións á seguridade social con anterioridade a 1990 do persoal interino.  
  • Que decir tamén da cuestión referida ao REXISTRO CIVIL que, ao parecer, foi tratada igualmente na xuntanza e na que, en consoancia coas recentes intervencións parlamentarias do Ministro de Xustiza, parece que se marcou a predisposición do Ministerio a que dita labor se siga realizando por persoal de xustiza, do cal nos congratulamos.
  • Así como dos outros proxectos ministeriais, de igual ámbito xeral e aplicables a todo o estado, tales como: Reforma da LAC, modificación da LACR, dixitalización da xustiza, etc.
Polo tanto, o contdido, importancia, alcance e aplicación xeral, a todos os ámbitos territoriais, das cuestións referidas, sen prexuízo de que estiveran incluidas no Acordo de 18/12/15, require a necesidade de abordar o seu contido e negociación no ámbito da Mesa Sectorial de Xustiza, estando presentes todas as organizacións sindicais integrantes da mesma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr