Onte, xoves 12
de xaneiro, participamos en dúas reunións no Ministerio de Xustiza. A primeira,
xunto cos compañeiros vascos de ELA, a efectos da presentación formal do novo
Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. A segunda, para
negociación das RPTS de Letrados da Administración de Xustiza doutros ámbitos
territoriais, a convocatoria de oposicións para o Corpo de Letrados da
Administración de Xustiza e para o Corpo de Médicos Forenses.
Sindicalmente indicóuselle ao ministerio a necesidade de abordar a negociación e solución doutras cuestións pendentes; como a acumulación de OPES, a convocatoria de procesos específicos de promoción interna, abono o 100% das retribucións nas substitucións, cotizacións á seguridade social anteriores ao ano 1990, negociación definitiva de como vai quedar a situación dos rexistros civís, informatización xudicial, etc. Cuestións sobre as que non se ofrecía resposta algunha e respecto das que dende a CIG requirimos o inicio de forma urxente e inmediata das mesas de negociación oportunas para ir avanzando na súa solución.
Ligazón nota informativa:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeHNPZDBBMWc1Wm8/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario