Saltar ao contido principal

A CIG DESTAPA UN PROBLEMA NAS COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DOS TRABALLADORES DE XUSTIZA

A CIG ven de destapar unha problemática da que leva tempo facendo un seguimento, en relación cos periodos de cotización ao réxime xeral da Seguridade Social do novo persoal da Administración de Xustiza que ingresou a partires do 1 de xaneiro de 2011. Na última mesa sectorial aproveitamos para falar co Subdirector Xeral de Recursos Económicos da Administración de Xustiza, D.Marco Antonio Romero Rivera, ademáis de para facer fincapé na solución do problema da falta de cotizacións do persoal interino que prestou servizos antes de 1990, para reiterarlle esta problemática que detectamos no persoal de novo ingreso, que se dá xustamente no caso dos que cotizan ao réxime xeral da SS, sobre todo cando se trasladan dunha comunidade autónoma a outra.
Ante a nosa insistencia neste tema, o Subdirector indicounos que na semana que ven van ter unha xuntanza coa Tesourería Xeral da Seguridade Social a fin de aclarar todos estes extremos.
Na ligazón deixámosvos unha copia dunha vida laboral onde se poden ver as discrepancias indicadas entre a data de alta e a data de efectos. Todas/os as/ os que vos atopedes nesta situación podedes comunicárnolo ao enderezo electrónico xustiza@cigadmon.gal para así facerllo chegar ao Ministerio de Xustiza para que proceda á súa corrección.
 
Ligazón nota informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.