Saltar ao contido principal

A CALADA POR RESPOSTA NO TRASLADO DAS TRABALLADORAS/ES Á FÁBRICA DE TABACOS NA CORUÑA

Ante a “presunta” inminencia do traslado de dependencias xudiciais ao edificio da Fábrica de Tabacos, a Xunta de Persoal da Administración de Xustiza da Coruña DENUNCIA:

- Que a pesar de reiteradas peticións, a Administración non permite nin a este órgano nin aos sindicatos a visita ao edificio para comprobar o seu estado; tampouco os membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral inspeccionaron as instalacións. Isto non só supón un  “ninguneo” ao persoal  que vai prestar alí os seus servizos senón que oculta á cidadanía a situación das dependencias nas que , entre outros,  se van atender a menores e das que non nos consta que garantan a súa privacidade.

- Que non temos información, nin oficial nin oficiosa, de cando nin como se vai producir o traslado dos órganos. Iso provoca que se estea a citar a xente para acudir ás actuais dependencias xudiciais nos vindeiros meses sen ter a seguridade de que nesa data sigan estando na mesma localización. Lembremos que o traslado non só afecta aos órganos que se recolocan en Tabacos  senón tamén aos que se desprazan de Matogrande ao edificio da Audiencia Provincial actual. 

- Que non sabemos como se vai solucionar, unha vez producida a mudanza, o problema do carrexo de expedientes entre a Fiscalía e o resto de órganos xudiciais da cidade.  Porque a día de hoxe o expediente dixital na Xustiza non existe nin se prevé que exista en breve, o que supón que os procedementos en papel van ter que andar de viaxe entre a praza de Monforte e a da Palloza. Ata o de agora o traslado entre edificios facíase con carros de supermercado, situación impensable trala mudanza, pero é que ademais o sistema a empregar ten que ser moi áxil para dar un servizo eficaz e que non se produzan dilacións indebidas, por exemplo, á hora de decretar a liberdade dalgún/ha  preso/a.   

Estando así as cousas, esta Xunta de persoal anuncia que, como non se solucione esta situación en breve prazo de tempo, se adoptarán medidas de protesta por parte do funcionariado.

Ligazóns noticias:

http://www.cig.gal/nova/o-persoal-dos-xulgados-da-coruna-ten-un-desconecemento-absoluto-de-cando-e-como-se-fara-o-traslado-ao-novo-edificio.html 
http://cadenaser.com/emisora/2017/03/21/radio_coruna/1490102089_177705.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr