A CIG ven de gañar en Pontevedra, coa imposicón de 400€ de custas á Xunta de Galicia, unha sentenza na que se recoñece o dereito dun traballador da Admón. de Xustiza a poder compensar no mes seguinte ou cun día de permiso as horas feitas de máis de xeito forzoso que superaran o cómputo mensual, por exemplo, durante unha garda a final de mes.
Ante a posición ruin da adminsitración autonómica de negarlle a un traballador o feito de poder compensar no horario flexible do mes seguinte as horas traballadas en exceso nun mes determinado, debido a ter que realizar actuacións obrigatorias por necesidades do servizo (neste caso do servizo de garda) saiulle a cuestión un pouco cara á administración, pois vai ter que abonar 400€ de todos os galegos e ademais vai ter que darlle un día máis de permiso ao traballador. A CIG polo tanto segue a defender os dereitos das/os traballadores da Adminsitación de Xustiza ata as últimas consecuencias e que, por desgracia, sempre acaban nos tribunais do contencioso-administrativo.
Ligazón sentenza:
Comentarios
Publicar un comentario