Saltar ao contido principal

PRESTACIÓN POR FILLO MENOR DE TRES ANOS

Publicada no DOG a Orde para solicitar a axuda de pagamento único por filla/o menor de 3 anos a cargo. O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4 de abril e remata o 26 de maio. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo. 


http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170403/AnuncioG0425-270317-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…

CCOO PIDE MÁIS CARTOS EN TERRITORIO MINISTERIO DO QUE ASINOU EN GALIZA

Curiosamente, o sindicato CCOO solicita á nova Ministra de Xustiza que no territorio ministerio suba o complemento específico (en Galiza chamado CAT)  a non menos de 300€/mes, e fai uns días os seus responsables en Galiza, tras unha folga de máis de 3 meses, asinaron coa Xunta un acordo por menos da metade. A ver se algún d@s traballador@s galegos o entende e lle pide explicacións.
Ligazón:
http://www.ccoojusticia.com/2018/06/ccoo-presenta-la-nueva-ministra-las.html

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing