Saltar ao contido principal

A AUDIENCIA NACIONAL E O EXPEDIENTE DIXITAL

A Sala de Goberno da Audiencia Nacional ten remitido unha nota na que expresa a súa "profunda preocupación" (que forma máis fina de acordarse do Ministro de Xustiza e dos seus parentes, que non teñen culpa, por certo) polo anómalo funcionamento do Expediente Xudicial Electrónico.
Pois anda que, si o persoal supremo da Audiencia Nacional, esta preocupado pola marcha inestable do expediende xudicial no territorio ministerial, que tremendas eivas teremos que soportar os que de prestado, como Galiza, empregamos o mesmo sistema que o Ministerio de Xustiza, sen ter ningún control sobre o mesmo. O Ministerio incluso tivo a arroutada de tirar para adiante co seu plan de expansión do expediente dixital, a pesares de todo e mesmo do informe dos "sabios", que indicou que ningún dos aplicativos informáticos existentes en España era válido. Será unha nova táctica do Ministerio de ter entretidos ao persoal de xustiza e aos Xuices, Fiscais e Letrados, enredando coas apliacions informáticas, perdendo o seu valioso tempo, no canto de perseguir aos corruptos deste pais. 

Ligazón "Noticias Jurídicas":
http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/11991-la-audiencia-nacional-muestra-su-preocupacion-por-los-fallos-en-el-funcionamiento-del-expediente-judicial-electronico/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.