No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/676/2017, de 17 de xullo, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso, pola quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses e se sinala o vindeiro 20 DE XULLO DE 2017, as 10:00 HORAS, como data e hora do primeiro exercicio, a celebrar na Escola de Práctica Xurídica, rúa Amaniel, n.º 2, 28015 Madrid.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario