Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE MADRID DO 30 DE NOVEMBRO

A CIG, presente nas mesas de negociación co Ministerio en Madrid, acudiu  á celebrada o pasado día 30, facendo, entre outras, as seguintes peticións:

-        Apertura de negociación do regulamento para garantir o 100% das retribucións no caso das substitucións, así como a regulación da adscripción por motivos de saúde.
Ao respecto, o Ministerio manifestou ser consciente da necesidade de modificar a regulación e afirman que estudiarán o tema despois de revisar a sentenza do TSXG.

-        Información sobre a entrada en funcionamento dos órganos de nova creación, expoñendo a falta de concreción na convocatoria das comisións de servizos feita pola Xunta. Tamén solicitamos que non se emitan informes desfavorables no caso de solicitantes destinados no ámbito Ministerio.
Sobre estas cuestións, sinalan que  a data de entrada en funcionamiento dos novos órganos vaise levar a cabo progresivamente. No ámbito transferido están planeando que entren en funcionamento o 31 de xaneiro naqueles sitios que estean habilitados e o resto en cuatrimestres sucesivos. Recoñecen que Galicia pediu a entrada en funcionamento para o 1 de xaneiro pero aínda non poden confirmalo dende o Ministerio.


Ademais destas cuestións, o Ministerio trasladou a seguinte información:

PROCESOS SELECTIVOS:Mantense o mesmo calendario, coa intención de non publicar a oferta do 2017 ata que non estean avanzados os procesos da OPE do 16, polo que igual se retrasa a maio, As cifras que se manexan son dunhas 3699 prazas para a OPE do 17. 

CONCURSO DE TRASLADOS: Contan ter as definitivas para a primeira quincena de xaneiro pero con reservas na data e publicación posterior no BOE. Comentan que hai moitas alegacións por casos de instancias telemáticas que non se recibiron en papel, polo que non constan nin sequera como excluídos. 

PROMOCIÓN INTERNA: Prevese o exame para os días 20 ou 21, polo que previamente se publicarán as provisionais; admiten que van aceptar calquera excusa no caso de ter alegado problemas coa presentación telemática da instancia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr