Saltar ao contido principal

NOVA DIRECCIÓN NACIONAL DO SECTOR DE XUSTIZA

Esta fin de semana, concretamente o pasado sábado 20 de xaneiro, levouse a cabo a VII Asemblea Nacional do Sector de Xustiza, na que se deu conta das actuacións do sector nestes últimos anos e se analizaron as actuacions futuras, tanto a curto como a longo prazo, tendo en conta o escenario de confrontación e de perda de dereitos debidos á mala xestión da Xunta de Galiza e as vindeiras eleccións sindicais do ano 2019.
Nesta VII Asemblea de Xustiza saiu reelexido, como Secretario Nacional do Sector, Xesus H. Sánchez Costa (Tuto) e como membros da nova Dirección Nacional, Oscar Freixedo Beltrán, Eva Rodríguez Vicente, Delmiro Durán Garrido, Chelo Rodríguez Rodríguez, Xosé Barreiro Pérez, Antonio Ayaso Reiriz e Maria Carmen Bergantiños Vázquez.
O novo secretario nacional debullou polo miudo, nun informe que foi aprobado por unanimindade, as actuacións apoiadas polo sector, tanto ante a Xunta de Galiza como ante o Ministerio de Xustiza, salientando as grandes dificultades habidas no dialogo con PP nestes catro anos; partido que goberna tanto en Galiza como en Madrid, resultando, con diferencia e paradoxicamente, máis difíciles os contactos coa administración autonómica que coa central. En todo caso, o reelexido secretario nacional, afrónta esta nova etapa con ilusión, dada a incorporación de dous novos delegados que realizarán as súas funcións en Compostela e Ourense, Antonio Ayaso Reiriz e Manuela Mares Iglesias, que de seguro apuntalarán a acción sindical da CIG nesas vilas, dado o escenario de grandísima disgregación do voto sindical, ao existir en xustiza ata sete centrais sindicais que concorren aos procesos electorais, das cales varias son corporativistas.
A CIG comeza esta nova etapa pois, coa experiencia, seriedade e coherencia que lle dan todos estes anos de permanencia nas mesas sectoriais de Galiza e Madrid, defendendo os intereses de todas/os as traballadoras/es da Administración de Xustiza de Galiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr