lunes, 5 de febrero de 2018

CAIXA DE RESISTENCIA PARA AFILIADAS/OS Á CIG

Dende o sector de Xustiza en Galicia lembramos a toda a afiliación que dende o ano 2007 o sindicato conta cunha Caixa de resistencia para reforzar a acción sindical e a solidariedade de clase en caso de folga. Os cartos desta Caixa proceden de aportacións de todas e todos os afiliados da CIG; de cada cota derívase unha porcentaxe específica que vai parar a unha conta que ten como uso exclusivo proporcionar os medios económicos necesarios para as/ostraballadoras/es poder resistir unha folga apoiando así tamén as compañeiras/os.
Os/As afiliados/as cunha antigüidade ininterrompida igual ou superior a 3 meses e inferior a 1 ano terán dereito a percibir 13,65 € por cada día de folga. 
Os/As afiliados/as cunha antigüidade ininterrompida igual ou superior a 1 ano percibirán por cada día de folga 27,30 €. 
O dereito nace na terceira xornada laboral de folga, mais no caso de que esta superara os dez días efectivos, a compensación económica farase dende o primeiro día.
Contactade coa vosa delegada/o comarcal para coñecer os trámites a levar  a cabo.

No hay comentarios: