sábado, 3 de febrero de 2018

CAMPAÑA DE REVISIÓN PERIÓDICA DA SAÚDE

Periodicamente, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza garántelle ao persoal traballador a vixilancia e control do estado da súa saúde mediante a publicación no DOG, ou calquera outro método que facilite a súa difusión, da convocatoria do anuncio dos recoñecementos médicos periódicos.

A solicitude farase de forma individualizada conforme se establece na convocatoria e, unha vez rexistrada a petición na páxina correspondente (a que podedes acceder facendo clic na icona de abaixo), xerarase un xustificante de solicitude que deberá presentarse debidamente cuberto e asinado ao persoal sanitario no momento da cita no centro médico que corresponda.

Para a campaña de 2018 o prazo de inscrición está aberto do 2 de febreiro ao 15 de marzo.

http://srm.webriscos.xunta.es/SolAdd0.do

No hay comentarios: