Saltar ao contido principal

RESULTA QUE AGORA SI, AS PREÑADAS TEÑEN DEREITO A 20 SEMANAS

Pois que ben que despois de que a CIG tivera solicitado alá polo 2016 que as mulleres preñadas que traballaban na Administración de Xustiza tiveran dereito as 20 semanas de licenza por manternidade, van agora estes do PP, defensores a ultranza da maternidade, a ofrecernos algo que nos levan negando dende fai dous anos, o que precisamente retrata o caracter de quen goberna con maioría absoluta na Xunta de Galiza. Parece ser que segundo eles, no 2016 non eramos traballadoras/es de función pública (e agora seguimos sin selo, porque non estamos contemplados na lei de función pública de Galiza), con dereito a esas semanas de baixa por maternidade/paternidade e, resulta que agora saélles a súa vea paternalista e ofrecen este permiso, a maiores, para tentar solucionar un conflicto laboral que neste momento ten dúas patas quebradas e que ningunha das dúas está sendo arranxada pola administración. Teña por seguro Sr. Rueda que as traballadoras preñadas que realizan a súa función na Administración de Xustiza e que o facían no ano 2016, sonlle das máis cabreadas con vostede por negarlles o dereito a esas vinte semanas. Moitas grazas por cabrear máis ao colectivo: denegannos as vacacións e permisos, fannos ver que non temos 20 semanas de baixa por maternidade, minten á prensa indicando subidas salariais irreais, manipulando os datos, etc. A este  paso sobramos as/os sindicalistas para alporizar as traballadoras/es da Administración de Xustiza, porque vostedes o están a facer "moi ben".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.