Saltar ao contido principal

A XUNTA E OS COLABORACIONISTAS NON QUEREN MESA SECTORIAL

Neste momento temos o convencemento que o acordo foi asinado dun xeito ilegal, pero as delegadas e delegados da CIG-Xustiza, despois de varias reunións nas que se avaliaron as distintas opcións xurídicas, sociais e laborais, veñen de tomar a decisión de non recorrer a resolución do día 28/05/2018, polo que se aprobou o acordo acadado o 23/05/2018 entre a Admón. da CC.AA de Galiza, USO, UGT e CC.OO, por considerar a existencia doutras opcións menos lesivas pero igual ou máis efectivas e contundentes para acadar o maior beneficio para o conxunto do persoal da Xustiza Galega.
Por todo o anterior, a CIG tomou, entre outras, a decisión de solicitar a convocatoria urxente da Mesa Sectorial, ao entender que a Comisión de Seguimento está a vulnerar o dereito de negociación colectiva e, no caso de non producirse a mesma, artellar os recursos pertinentes en defensa da usurpación de dito dereito de negociación.

Ligazón nota informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.