O
persoal de xustiza que se encarga do arquivo xudicial da Audiencia
Provincial atopouse esta mañá con moreas de expedientes enchoupados
e esparexidos por todo o soto da Fábrica de Tabacos, a causa da
inundación que sufriu o edificio polas choivas desta fin de semana.
A pesar deste desastre, nestes momentos só hai dúas persoas (unha
técnica e unha auxiliar) tentando organizar, limpar e salvar os
expedientes como boamente poden, posto que ningunha persoa con
responsabilidade na Dirección Xeral de Xustiza se achegou até o
edificio para avaliar o alcance dos danos.
Ligazón Nota Informativa:
Comentarios
Publicar un comentario