jueves, 5 de julio de 2018

NOVOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA.

Con data do 04/07/2018 publicouse no BOE  a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e, polo tanto, quedan ampliados os supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións.

"(...) amplíanse os supostos previstos no Decreto autonómico 169/2013 incorporando os seguintes:
• Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica.
• Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida.
• Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995.
• Cardiopatías isquémicas.


A data de efectividade desta ampliación será a da publicación da norma estatal habilitante, é dicir, o 4 de xullo de 2018

No hay comentarios: