Saltar ao contido principal

A CIG REITERA POR 3ª VEZ QUE DEBE DE CONVOCARSE A MESA SECTORIAL


CIG Xustiza  ven de solicitar por terceira vez dende o mes de xullo (escritos presentados o 2, o 24 de xullo, e o 26 de setembro), a urxente convocatoria da Mesa sectorial de Xustiza. Desde que se puxo en funcionamento a comisión de seguimento do acordo do 23 de maio de 2018, esa Dirección Xeral non convocou a Mesa Sectorial da Administración de Xustiza, que é o único órgano legalmente habilitado para a negociación colectiva do persoal funcionario, consonte ao disposto no artigo 34.4 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP). Entendemos que a conduta desa Dirección Xeral, ao derivar a negociación de materias propias da Mesa Sectorial á Comisión de Seguimento do Acordo do 23 de maio de 2018, está a menoscabar gravemente as funcións representativas dos sindicatos non asinantes, como é o caso da CIG, e en caso de non resolverse, podería dar lugar a unha vulneración do noso dereito á liberdade sindical, na vertente de dereito á actividade e á información sindical dos artigos 2 e 8 da Lei orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS).

Ligazón escritos presentados:
https://drive.google.com/file/d/1RAEm5YlwjpGyaqYBsbMdvBr4M29rhdaA/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.