Saltar ao contido principal

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 28/09/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 1,e 3 de outubro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing

EN GALIZA VENDÉRONNOS DESPOIS DE CONVOCAR A FOLGA, EN MADRID VENDÉRONNOS XA ANTES DE CONVOCALA.

CCOO, UGT, CSIF e STAJ unha vez máis negociaron nos despachos, de costas aos traballadores e ao resto de centrais sindicais que forman a Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza en Madrid (CIG e ELA). Negociaron, por dicir algo, e non sabemos a cambio de que, a devolución dos tres días de asuntos propios, algo que xa estaba concedido en palabras da Ministra, e nos atopamos cunha modificación da LOPX, no seu artigo 521, que é o maior retroceso en dereitos dos/as traballadores/as da Admón de Xustiza; emenda que xa introduciu o PP en febreiro de 2018.
Do mesmo xeito, non modificaron o artigo 504 que é o que regula os descontos por IT, o que suporá unha discriminación flagrante con respecto ao persoal do resto das Administracións Públicas que xa non teñen descontos neste momento. É posible que as centrais estatais, CCOO,UGT,CSIF e STAJ, coa súa corte de asesores e liberados, fosen descoñecedores do texto que se levou ao Congreso para votación?? Non.Sabemos polos grupos parlamentario…

DECANA DE CAMBADOS (XULGADO MIXTO N.4) EXTRALIMÍTASE NA SÚA FUNCIÓN

Cando menos resulta curioso que, quen ten que ter coñecemento da lei non a aplique de xeito correcto. Onte, en plena campaña electoral na Administracion de Xustiza (cuestion que e publica e notoria no sector), a Xuiza Decana de Cambados obrigounos a ter que pedir permiso para a colocacion de publicidade sindical en dita sede xudicial.  En todo caso a Xuiza Decana podería pedir que lle comuniquemos dita distribucion e o feito de falar coas traballadoras/es (como asi fixemos), para que o mesmo interfira o menos posible na actividade xudicial, ponderando tamen a excepcionalidade da campaña electoral, pero en ningun caso estar supeditados a unha solicitude de autorizacion, porque a mesma escapa da sua competencia, xa que a distribucion de publicidade e a informacion sindical ven dada de facto pola LOLS, sen necesidade de autorizacion expresa.  Estar supeditados a unha peticion de autorizacion suporia que a dita peticion poderia ser denegada, cando unha lei organica establece claramente es…