Saltar ao contido principal

O PERMISO PARENTAL PODERÍA NON COTABILIZAR A EFECTO DE TEMPO TRABALLADO PARA O GOCE DAS VACACIÓNS

A recente sentenza do 4 de outubro pasado, dictada polo TXEU, declarou conforme co Dereito da Unión unha disposición nacional que, co fin de determinar a duración das vacacións anuais retribuidas garantidas a un traballador, exclúe do mesmo a duración do permiso parental disfrutado por ese traballador. Esta sentenza foi de aplicación en Rumanía. En defintiva, a sentenza establece que para o cómputo do tempo traballado a  efecto de goce das vacacións non se pode ter en conta o tempo do permiso de paternidade. Non obstante, o Tribunal de Xustiza precisa que, en determinadas situacións concretas nas que o traballador non pode cumprir os seus cometidos, debido, en particular, a unha ausencia por enfermidade debidamente xustificada ou a un permiso de maternidade, os Estados membros, nestes casos, non poden supeditar o dereito a vacacións anuais retribuidas ao requisito de ter trabajallado efectivamente deixando a salvo neses casos o goce total das vacacións.

Ligazón nota de prensa:

Ligazón sentenza:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.