Saltar ao contido principal

OS MANSOS NON ESCARMENTAN!!! - 2ª FASE PLAN DE ACTUACIÓN


Saíu á luz a 2ª fase  do marabilloso plan de actuación para a recuperación do traballo nos órganos xudiciais despois da folga, aprobado pola Comisión de seguimento formada pola Administración, USO, UGT e CCOO.
É tan esperpéntico que parece que non pode ser certo, pero é lóxico despois do que fixeron os sindicatos colaboracionistas. 

A estratexia de usar  aos TONTOS ÚTILES  foi, unha vez máis, executada á perfección  pola Administración para saírse coa súa e agora eses tres xa renegan do Plan de actuación que con tanto escurantismo “negociaron”.
Que estaban a pensar, que por axeonllarse ante a Admón. no conflito, ían ser máis respectados?
Que por estar negociando ás costas dos traballadores, ían conseguir melloras nas negociacións actuais e vindeiras?
O plan que se nos presenta, case 6 meses despois do remate da folga, dá conta da prepotencia que segue a ter a Xunta de Galiza cos traballadores/as.
Só afecta a unha terceira parte dos órganos xudiciais deixando fora a case que 180 órganos sen contar os Xulgados de Paz.  Anúnciase o día 11 (12, 13 e 14 non son laborais) para empezar o 15. Premia aos avogados (inclusión dos 1ª instancia e mercantís das 7 cidades), é discriminatorio (non entran os xulgados de instrución,  nin os penais, nin os contenciosos, NIN AS VILAS)  e é propagandístico. Un comportamento similar ao que sufrimos durante a folga,  e todos sabemos agora o porqué.
O persoal destinado nos órganos xudiciais que se acolla, vai pasar máis tempo cubrindo o alarde do traballo realizado  que realizando o traballo en si. Non sabemos si os letrados e maxistrados tamén van ter que facer o mesmo ou teremos que facerllo nós.
Sorprenden notablemente as notas informativas de algúns sindicatos dos apesebrados, ESIXINDO UN PLAN DE ACTUACIÓN DISTINTO.  Non sabemos se é por ignorancia soberana dos seus membros ou porque estannos a tachar a todos nós de ignorantes.
A CIG insiste (escritos presentados o 2 e 24 de xullo e 26 de setembro) en que se está a desvirtuar a negociación colectiva, xa que entendemos que o único órgano competente para negociar as condicións de traballo é a Mesa Sectorial, sen convocar dende que rematou a folga POLO MEDO DA ADMINISTRACIÓN E DOS SEUS SINDICATOS LACAIOS. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr