Saltar ao contido principal

UXT, CCOO E USO INCAPACES DE NEGOCIAR A PERCEPCIÓN DO 100% DO SALARIO EN SITUACIÓNS DE BAIXA POR ENFERMIDADE

Dada a nula actividade das organizacións UXT, CCOO e USO no sector de xustiza para obrigar a administración autonómica a modificar a regulamentación de baixas por IT, na pasada Mesa Xeral de Función pública (na que non está presente USO pero si UXT e CCOO), a CIG solicitou que na modificación da Lei de Emprego Público de Galiza (concretamente a partir da nova redacción dada ao Artigo 146.3 que se estaba a propoñer nesa mesa) se incluíse tamén, a través dunha disposición adicional, unha reforma do Decreto 169/2013 ou ben unha disposición derrogatoria que indicase a anulación do citado Decreto no que se opuxera á citada lei, co que se aforraría tempo para implementar dita medida no sector de xustiza e así se faría de xeito uniforme en todo o persoal adscrito á Comunidade Autónoma. Coma sempre, Función Pública fixo oidos xordos a esta petición, indicando que o eido de negociación era a Mesa Xeral de Xustiza, que non é convocada dende fai moitos meses, a pesares das múltiples peticións realizadas pola CIG; curiosamente, para reternos cartos as funcionarias/os da administración de xustiza si se pode facer a través dunha lei autonómica pero, devolvernos os nosos dereitos sobre as baixas laborais e a percepción do 100% do salario en calquera situación de baixa, non é posible e require unha negociación propia que esta Dirección Xeral de Xustiza non está a proporcionar.

Por todo iso a CIG ven de solicitar da Dirección Xeral de Xustiza que, optando pola vía que se considere máis rápida (a inclusión dun texto negociado na Lei de Emprego Público de Galiza ou a modificación directa do Decreto de baixas por IT) , se proceda dunha vez a modificar ou derrogar dito Decreto e se permita o cobro do 100% do salario en todas as situacións de baixa por enfermidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CRÓNICA DUN DESPROPÓSITO - A XUNTA DE GALIZA XA NON SABE O QUE FACER

PRIMEIRO: PUBLICAN UNHA INSTRUCIÓN QUE VULNERA E ATACA O DEREITO Á FOLGA, TOMANDO COMO REPRESALIA A DENEGACIÓN DE PERMISOS E VACACIÓNS:

SEGUNDO: PRESENTAMOS ANTE O XULGADO DE INSTRUCIÓN DE GARDA DENUNCIA POR TENTAL LIMITAR O EXERCICIO DO DEREITO FUNDAMENTAL DE FOLGA


TECEIRO: REMITIMOS NOTA DE PRENSA AOS MEDIOS DENUNCIANDO A SITUACIÓN DE ACOSO A QUE AS TRABALLADORAS/ES NOS ESTAMOS VENDO SOMETIDOS.

CUARTO: A DIRECCIÓN XERAL RETIRA DA INTRANET A INSTRUCCION, DECOÑECENDOSE A ESTA HORA SE A MESMA SEGUE VIXENTE OU NON (porque asinada electrónicamente si que está)

Ligazóns:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/01/30/xustiza-suspende-concesion-dias-asuntos-propios-vacaciones-funcionarios-ante-posible-huelga-indefinida/00031517312937228893456.htm

https://enmarea.gal/marea-pedira-explicacions-ao-presidente-da-xunta-polo-desmantelamento-publico-estan-impor-seu-goberno-beneficiar-empresas-privadas/

http://www.cig.gal/nova/a-xunta-represalia-ao-persoal-de-xustiza-suspendendolle-as-vac…

ULTIMA HORA DEFECTOS CONCURSO DE TRASLADOS

Segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, hai un gran número de instancias presentadas polos rexistros telemáticos da administración que non chegaron ao ministerio e que por iso hai moitos concursantes que non aparecen nin incluidos co seu Anexo III, nin excluídos. Probablemente esta situación faga cambiar moito o concurso de traslados ao ter que incluirse estas instancias non tidas en conta nas listaxes provisionais.

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…