Saltar ao contido principal

FORMACIÓN EGAP OFIMÁTICA, IDIOMAS E VIOLENCIA DE XÉNERO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
Ligazón:


RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190212/AnuncioO150-050219-0003_gl.pdf


RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia.

Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190213/AnuncioO150-050219-0001_gl.pdf

https://egap.xunta.gal/matricula/login.php

Comentarios

Publicacións populares deste blog

DECANA DE CAMBADOS (XULGADO MIXTO N.4) EXTRALIMÍTASE NA SÚA FUNCIÓN

Cando menos resulta curioso que, quen ten que ter coñecemento da lei non a aplique de xeito correcto. Onte, en plena campaña electoral na Administracion de Xustiza (cuestion que e publica e notoria no sector), a Xuiza Decana de Cambados obrigounos a ter que pedir permiso para a colocacion de publicidade sindical en dita sede xudicial.  En todo caso a Xuiza Decana podería pedir que lle comuniquemos dita distribucion e o feito de falar coas traballadoras/es (como asi fixemos), para que o mesmo interfira o menos posible na actividade xudicial, ponderando tamen a excepcionalidade da campaña electoral, pero en ningun caso estar supeditados a unha solicitude de autorizacion, porque a mesma escapa da sua competencia, xa que a distribucion de publicidade e a informacion sindical ven dada de facto pola LOLS, sen necesidade de autorizacion expresa.  Estar supeditados a unha peticion de autorizacion suporia que a dita peticion poderia ser denegada, cando unha lei organica establece claramente es…

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing

EN GALIZA VENDÉRONNOS DESPOIS DE CONVOCAR A FOLGA, EN MADRID VENDÉRONNOS XA ANTES DE CONVOCALA.

CCOO, UGT, CSIF e STAJ unha vez máis negociaron nos despachos, de costas aos traballadores e ao resto de centrais sindicais que forman a Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza en Madrid (CIG e ELA). Negociaron, por dicir algo, e non sabemos a cambio de que, a devolución dos tres días de asuntos propios, algo que xa estaba concedido en palabras da Ministra, e nos atopamos cunha modificación da LOPX, no seu artigo 521, que é o maior retroceso en dereitos dos/as traballadores/as da Admón de Xustiza; emenda que xa introduciu o PP en febreiro de 2018.
Do mesmo xeito, non modificaron o artigo 504 que é o que regula os descontos por IT, o que suporá unha discriminación flagrante con respecto ao persoal do resto das Administracións Públicas que xa non teñen descontos neste momento. É posible que as centrais estatais, CCOO,UGT,CSIF e STAJ, coa súa corte de asesores e liberados, fosen descoñecedores do texto que se levou ao Congreso para votación?? Non.Sabemos polos grupos parlamentario…