Saltar ao contido principal

OPOSICIÓNS ACCESO CORPO DE LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Orde JUS/402/2019, de 19 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral da quenda de acceso libre e de promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

As/os que desexen participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública (modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «Solicitud de admisión a pruebas selectivas de la Administración Pública y liquidación de la tasa de derechos de examen»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es), en castelán e nas demais linguas oficiais das Comunidades Autónomas.
 
A inscrición neste proceso selectivo, para o acceso pola quenda de promoción interna, realizarase unicamente por vía electrónica (o que comprenderá a cumprimentación da instancia, o pagamento da taxa e súa presentación).

A presentación da solicitude realizarase no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da Orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase ao Secretario de Estado de Xustiza. A non presentación da mesma en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante.
 
 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.