No DOG de hoxe sae publicada a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. O prazo será do 23 de maio de 2019 ata o 24 de xuño de 2019. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta
de Galicia.
Ligazón solicitude:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=SI&codProc=440A
Ligazón solicitude:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=SI&codProc=440A
Comentarios
Publicar un comentario