Saltar ao contido principal

OPOSICIÓN ACCESO CORPOS TRAMITACIÓN E XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Publicado no DOG a Orde pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna dos corpos de Tamitación e Xestión.

‼ O prazo de *20 días hábiles* cóntanse a partir do día seguinte á pubicación no *BOE do día 08/04/2019* polo que o prazo para a presentación de instancias remata o *10 de MAIO!!* 
Ligazón convocatoria corpo Xestión:

Ligazón convocatoria corpo Tramitación:

Ligazón para a presentación de instancias: https://ips.redsara.es/IPSC/action/secure/buscarConvocatorias.do

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INAUDITO, HORAS EXTRA NA ADMÓN. DE XUSTIZA. CHEGARON AS PEONADAS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A TRAVÉS DOS PLANS DE ACTUACIÓN.

Ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018 O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes. O importe da hora extraordinaria correspondente a cada corpo é o seguinte: (A2-Corpo Xestión): 29,97 €, (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €; (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €. A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro  xoves 7  xuño de 2018, poñendo como nome do arquivo ApelidosNome_DNI_Participacion_PR, é dicir, no nome do arquivo da solicitude deben de firgurar os apelidos, nome e dni do interesado no formato indicado. O persoal que non poda realizar a solicitude por estar de vacacións, permisos ou licenzas, poderá…

CCOO PIDE MÁIS CARTOS EN TERRITORIO MINISTERIO DO QUE ASINOU EN GALIZA

Curiosamente, o sindicato CCOO solicita á nova Ministra de Xustiza que no territorio ministerio suba o complemento específico (en Galiza chamado CAT)  a non menos de 300€/mes, e fai uns días os seus responsables en Galiza, tras unha folga de máis de 3 meses, asinaron coa Xunta un acordo por menos da metade. A ver se algún d@s traballador@s galegos o entende e lle pide explicacións.
Ligazón:
http://www.ccoojusticia.com/2018/06/ccoo-presenta-la-nueva-ministra-las.html

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galicia que se garanta que todas/os as/os funcionarias/os reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta segunda convocatoria, que sairá previsiblemente publicada no DOG do día 14/11/2018, vai dirixida aos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Fesev_W7lMpk7MwAtIU1SBIwsSLIugI7/view?usp=sharing