No DOG de hoxe 24 de xuño sae publicada a Resolución do 26 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ata o 15 de xullo.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza), no enderezo web opax.xunta.es
Outra vez máis a adminsitración autonómica, a pesares das alegacións realizadas pola CIG, discrimina nesta resolución aos titulares que non estén en servizo activo no momento de solicitar a axuda de acción social, cando ao persoal interino non se lles impón este requisito.
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario