Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID 6 DE XUÑO

Conclúe a negociación das bases do concurso oposición da quenda libre dos corpos de xestión, tramitación e auxilio. Acordo do que se nos da traslado na mesa sectorial.
O Ministerio ten pensado a publicación destes procesos no mes de xullo (xestión e tramitación) e no mes de setembro (auxilio) coa previsión de realizar os exames de xestión no mes de outubro, tramitación en novembro e auxilio xa a primeiros do 2020.
Logo da petición de que os exames se desenvolveran nas cidades onde exista Tribunal Superior, para evitar desprazamentos, vai depender do número de instancias que se presenten.
Promoción Interna.
As datas seguen a ser 29 e 30 de xuño, vaise publicar a relación provisional de admitidos, e admiten que non vai dar tempo a publicar a definitiva, polo que se poderán presentar todos os opositores que subsanen os erros en tempo e forma, comunicarán asimesmo na súa páxina os lugares e horas onde se celebrarán os exames. Con respecto ás sedes, mantéñense Andalucia, Canarias, Catañuña e Comunidade Valenciana. Aqueles territorios onde non cheguen as 100 instancias, agruparanse

. Galicia examinarase en Madrid xunto co terrritorio ministerio, Comunidade de Madrid, Aragón, Asturias, Cantabria e a Rioxa.
No que atinxe ás solicitudes presentadas, o Ministerio informou que foron 3347 de xestión e 1331 de
tramitación.

Bolsa de Letrados da Admón substitutos.
O Ministerio informa que a bolsa de Letrados substitutos teñen previsto abrila antes de agosto, así que supoñemos que será en setembro. Pedímoslle que artellen os medios para que exista transparencia nos nomeamentos como en calquera outra bolsa de interinos ou substitutos.
 
Concurso de traslados
Manteñen a última semana de xuño para a súa publicación.

Letrados promoción interna
A previsión é de realizar o primeiro exercicio no mes de xullo. Con respecto a quenda libre a previsión é de outubro.

Médicos Forenses
As bases xa están remitidas ao BOE polo que estarán publicadas en breve

Quenda libre de Xestión, Tramitación e Auxilio
Engadiremos na páxina cig-xustiza.blogspot.com información adicional a esta nota informativa, as liñas xerais quedan así:
 
Xestión, constará de tres exercicios, todos obrigatorios e eliminatorios. O primeiro e o segundo terán lugar no mesmo día e hora en todas as sedes de exame, nun único acto e un a continuación do outro.
Primeiro.- Consistirá en contestar un cuestionario test de 100 preguntas sobre as materias do programa.
*A duración será de 90 minutos e a calificación de 0 a 60 ptos.
*As acertadas valoraranse con 0,60
*As non contestadas non serán puntuadas. 
*Os erros descontarán 0,15
Segundo.- Práctico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar 20 preguntas tipo test, referidas a un caso práctico que planteará o tribunal. 
*A duración será de 60 minutos e a calificación de 0 a 15 ptos.
*As acertadas valoraranse con 0.75
*As non contestadas non serán puntuadas
*As non acertadas descontarán 0,15.
Terceiro.- De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar, sen axuda de textos, a 10 preguntas de contido procesual referidas a distintos temas do programa.
*A duración da proba será de 90 minutos
*O espazo para contestación das preguntas está limitado a unha páxina por cada unha delas.
*A puntuación sera de 0 a 25 puntos
*Cada pregunta valerá 2,5 máximo
*Precisarase dun mínimo de 12,5 puntos para superala.

A determinación da nota mínima para superar o primeiro exercicio será equivalente ao resultado de 10 aspirantes por praza que obtivesen como nínimo o 60% da puntuación posible, con independencia do número de prazas.
Para superar o segundo exercicio será suficiente obter o 60% da puntuación posible, e para a superación do terceiro será suficiente obter o 50% da puntuación posible.
 
Información sobre o terceiro exercicio de tramitación:
Como xa se informou, vai ser un exame teórico e consistirá en contestar a 15 preguntas nun tempo de 30 minutos. Valorarase o coñecemento do formato e os documetnos presentados polo tribunal, marxes, fontes, alineación do texto, paxinación, sangría, espaciado, interlineado...
 
Fase de concurso de Xestión, Tramitación e auxilio
A-Valoración de títulos e grados académicos cun máximo de 12 puntos
B-Historial profesional se valorará cun máximo de 7,5 puntos
C-Por exercicios dos procesos das convocarorias dos anos 2015 e 2016 se valorará cun máximo de 14 puntos.
D-Nos servizos prestados como titular, substituto ou interino, a puntuación máxima será de 33,5 puntos.

Ligazón nota informativa:
https://drive.google.com/file/d/1vVYvhZahHTBSQ_GAazUOx65iTUGkeruh/view?usp=sharing

Ligazón nota Ministerio sedes examen promocion interna:
https://drive.google.com/file/d/1AUGHmk2TyzHUyAV-rBb36mrQ5wEJpPBn/view?usp=sharing

Ligazón nota Ministerio realización exercicio Word:
https://drive.google.com/file/d/1ILYGW1VFEklfuFQbCzFA3VYsqCtSlOpz/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.