Saltar ao contido principal

NEFASTAS CODICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DE VIXILANCIA PRIVADA DE MARIN, VIGO E PONTEVEDRA

Desde a CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG), vimos de denunciar ante a Xefatura Territorial de Pontevedra a PRECARIDADE nas condicións de traballo dos Vixilantes de Seguridade nos edificios xudiciais tanto de Pontevedra, Marín e Vigo, onde a administración pública contratou de xeito temporal á empresa SINERXIAS VIXILANCIA E SEGURIDADE a cal, tras conseguir contratos coa administración, aplica o seu propio convenio empresarial, inferior en condicións e garantías laborais, retrasándose incluso nos pagamentos de nóminas mensuais. 
Considerando que conforme á xurisprudencia actual debería de aplicar o convenio de ámbito nacional do sector, "cousa que non cumpre", entendemos que a administración pública non pode ser cómplice deste tipo de empresas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.