O Ministerio de Xustiza ven de comunícar
que a data de publicación no Boletín Oficial do Estado do concurso de
traslados ordinario de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración
de Xustiza, efectuarase o día 18 DE XULLO próximo. A Orde levará data de 25-6-2019.
As prazas vacantes de ámbito non transferido colgaranse na páxina web do Ministerio o máis axiña posible.
Tede en conta que nesta resolución só se van a conceder 9 DIAS HÁBILES para a presentación de instancias e que terán que facerse de xeito telemático e, ademais, haberá que remitir a mesma asinada e escaneada. O citado sistema de presentación baséase nos artigos 10.1, 10.2.c) e 36.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro
do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Ademais, comprobarase que os datos da instancia escaneada sexan coincidentes cos datos
grabados telematicamente por medio do asistente de inscrición, de modo que
coincidan ambos. Se non se remite a instancia escaneada, ainda estando correctamente grabadas as
peticións no asistente, considerarase que non se desexa
participar no concurso.
Unha vez asinada a instancia procederá a escanearse, xunto coa documentación que sexa necesaria aportar, segundo as bases da
convocatoria, o que se fará nun único ficheiro ao que titularán co nome correspondente ao seus apelidos, nome,
NIF e modelo de instancia (V1, V2 o V3), en letras maiúsculas (Exemplo: AP1_AP2_NOMBRE_NIF_MODELO
DE INSTANCIA).
No encabezamento da paxgina de envío de correo electrónico, no apartado “Asunto” deberán
especificar “SOLICITUD CONCURSO 2019”.
No texto da mensaxe
deberán indicar a seguinte información e na orde na que se indica:
No apartado MODELO
DE INSTANCIA indicarán V1, V2 ou V3.
APELLIDOS:
NOMBRE:
NIF:
MODELO DE INSTANCIA:
CUERPO PARA EL QUE
PARTICIPA:
CONCURSO: ORDINARIO
GESTION, TRAMITACION Y AUXILIO 2019.
No apartado CUERPO
PARA EL QUE PARTICIPA indicarán GESTIÓN, TRAMITACIÓN O AUXILIO.
Tomarase como a data e hora de entrada a marcada no encabezamento da mensaxe recibida e, no
caso de enviar sucesivas instancias, considerarase válida a solicitude que estea presentada en prazo e coa data máis próxima a finalización do mesmo, quedando
anulada/s, polo tanto, a solicitud/es que teñan a data de entrada anterior.
Comentarios
Publicar un comentario