Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

No BOE de hoxe, publícase a convocatoria do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de quenda libre, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.

Prazo de presentación de instancias: Do 16 de xullo ao 12 de agosto.

Ligazón convocatoria:

Modificacion convocatoria:

Posto que Galicia non convoca prazas de Xestión en quenda libre, o Ministerio ven de informar que vai proceder á modificación da Convocatoria suprimindo: _“Ámbito territorial: Galicia; Provincia de examen: A Coruña; Código de localidad: 15”.

https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal19?param1=1

Comentarios

  1. Que pasou coas prazas que, en algúns medios, se dicía que se ían convocar en Galiza?

    ResponderEliminar
  2. Galiza so convocou en xestion por promocion interna sen dar mais explicacions que o de deducir nos que, se sacaran para promocion interna e quenda libre sairian so 4 prazas para cada quenda e imaxinamos que non lles resultaria rendible os dous procesos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

RESOLUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA FRONTE A CRISE DO CORONAVIRUS - NA XUNTA SEGUIMOS NAS BERZAS

O Ministerio de Xustiza acaba de dictar e difundir unha Resolución de aplicación ao persoal dos Corpos Xerais, Médicos Forenses, Letrados da Administración de Xustiza, Corpos Especiais e Persoal non Transferido do seu territorio, de xeito mimético á que dictou a Administración Xeral do Estado, a fin de minimizar a máis que probable influencia do Coronavirus na Administración de Xustiza, sobre todo facendo fincape nos servizos que teñen unha atención ao público moi directa (Rexistros Civis, Imelgas e Servizos Comúns, por exemplo) ou que teñen moito persoal no seu cadro de traballadores (Fiscalías).  A estas alturas do problema nin a Dirección Xeral de Xustiza nin a Xunta de Galiza, como máximo órgano directivo, dictou este tipo de Resolución no noso ámbito, polo que as traballadoras/es da Administración de Xustiza estamos a quedar sen unha protección específica e clara fronte ao Coronavirus. E mentras, outros fachendeando da chegada e instalación de dispensadores do xel hidroalcoholico.

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTRO DE XUSITZA - NOVO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES

Hoxe, xunto coas organizacións sindicais CSI-F, STAJ, CCOO, UXT e ELA mantivemos unha videoconferencia co Ministro de Xustiza. O ministro pivotou a súa intervencion sobre tres cuestións de vital importancia para enfrontrar os seguintes meses coas suficientes garantías para evitar a propagación do virus, o que precisamente incide de xeito fundamental na distancia que debería manter o persoal na súa futura volta ao traballo. 
Á vista do manifestado, o Ministerio de Xustiza quere publicar unha norma, con caracter urxente, que teña unha duración temporal de ata os tres meses posteriores á suspensión do estado de alarma, na que básicamente se adopten tres  medidas fundamentais para poder realizar a desescalada e reincorporación do persoal coas suficientes garantías.
Primeira: Sen prexuízo de ir potenciando a funcionalidade do teletraballo, dado o tempo que requerirá o total desenvovemento desta medida, a primeira das cuestións  expostas foi recoller a posibilidade de implementar que parte d…