Saltar ao contido principal

A CIG ABANDEIRA A LOITA CONTRA O RADÓN E O FORMOL NA ADMÓN. DE XUSTIZA

A CIG ven de presentar sendos escritos ante a administración autonómica a fin de que se leven a cabo de xeito inmediato análises nos Imelgas, para o Formol, e nos órganos xudiciais para o Radón, dado o caracter canceríxeno que presentan ambos elementos. 
A unión europea ven de fixar no mes de xuño o nivel máximo de exposición ao formol, polo que todos os Imelgas do pais deben de manterse por debaixo dese nivel de exposición.
En canto ao Radón, dado que a incidencia deste gas no cancro de pulmon está demostrada, e que a normartiva española (Instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear) xa fixa unha obrigatoriedade de análises nas zonas de influencia (Galicia é toda ela unha zona de influencia), é polo que a CIG solicitou a urxente convocatoria da Mesa de Seguridade e Saude Laboral para que se faga un plan de medicións, xa que en Santiago existe un dos laboratorios acreditados para a medición de Radón e que o importe das medicións resulta ser dunha cantidade tan ridícula como de 96€.

Ligazón escritos:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.