Despois de termos acudido á inauguración do novo edificio xudicial de Pontevedra, o pasado 3 de setembro, nunha conversa informal mantida in situ co Conselleiro, se lle solicitou pola Xunta de Persoal, que sería bo que se procedera a habilitar unha xornada de portas abertas do citado edificio, antes de que empezara a executarse o traslado, a fin de que tanto as centrais sindicais presentes na Xunta de Persoal como ás traballadoras/es da Admón de Xustiza na cidade de Pontevedra puidesen visitar con calma as novas instalacións e empezar a familiarizarse coas mesmas.
Comentarios
Publicar un comentario