Saltar ao contido principal

MESA ACCIÓN SOCIAL - PREVISIÓN PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DE LISTAXES PROVISINAIS NO DOG

1- En aplicación do punto 6 da convocatoria, este ano redúcese o importe da acción social en 541,01 €, por mor dunha sentencia do Contencioso 1, que lle da a razón a un peticionario co que a contía vai a cargo da acción social deste ano. 

2- Provisionalmente hai 119 solicitudes, das cales 4 delas con 2 beneficiarios, facendo así un cómputo total de 123 solicitantes.  

Destas 119 solicitudes:
 
- 94 están ben (entran as 4 que teñen 2 beneficiarios).
- 15 son denegadas. Destas, 8 son subsanables; 7 non foron ben presentadas e non cumpren o punto 3 da convocatoria: 4 de interinos e 1 de titular que as presentaron en papel e non telemáticamente sin que consten incidencias no CAU; 1 renuncia; 1 captura de pantalla.
- 10 non presentadas. Rexistran, validan pero non presentan nin telemáticamente, nin en papel nin constan incidencias ao CAU.
- 6 en estado borrador, non se chegaron a validar.

3- *Prevese a publicación* no DOG da semana que ven o anuncio da resolución de admisión ou exclusión provisional. *Prazo de 10 días hábiles*, contados desde o día seguinte da publicación no DOG.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.