Na reunión da Comisión de Acción Social que acabamos de manter hoxe a Dirección Xeral de Xustiza informounos do seguinte: 1- Das 15 solicitudes excluídas, unha non foi admitida por renuncia, as 14 restantes foron emendadas e admitidas. 2- A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse en breve no DOG. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX. 3- A contía das axudas tendo en conta os grados de discapacidade son: - Do 33% ao 64%: 127,95 € - Do 65% ao 74%: 255,91 € - Do 75% en adiante: 511,83 € Pagamento: Antes de rematar 2019, aínda que cabe a posibilidade de que se faga no mes de novembro.