Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que foron convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019.
▪Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.
▪Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.
As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.
Comentarios
Publicar un comentario