Saltar ao contido principal

MÁIS VALE TARDE CA NUNCA - AS XUÍZAS E MAXISTRADAS XA PODEN GOZAR DO PERMISO RETRIBUIDO POR XESTACIÓN

Segundo a Disposición Adicional Decimosexta do EBEP, cada Administración Pública, no seu ámbito, poderá establecer para ás funcionarias en estado de xestación, un permiso retribuido, a partir do primeiro día da semana 37 de embarazo, ata a data do parto.
No suposto de xestación múltiple, este permiso poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo, ata a data do parto. Esta disposición Adicional entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2016. 
Pois ben, este pasado 26 de setembro de 2019 o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, acordou, en virtude do disposto no artigo 373.7 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, a aplicabilidade as Xuízas e Maxistradas do permiso retribuido establecido na citada disposición.

Ligazón Acordo:
https://www.boe.es/boe/dias/2019/10/08/pdfs/BOE-A-2019-14355.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.