Xirada
unha visita xeral no día de hoxe ao novo edificio de xulgados de Tui, sen prexuizo
doutras eivas que se poideran comunicar, detectáronse as seguintes que a CIG puxo xa en coñecemento da adminsitración autonómica para a súa subsanación.
1)
Ausencia dunha oficina de rexistro e reparto, salvo que a mesma sexa a
que aparece rotulada como información, ou que dita dependencia se ubique
no denominado como UVEX e os gardas civís/vixiantes pasen para a
dependencia de información
2) Rotulación erronea do Rexistro Civil (Pon so REXISTRO)
3) Ningún mostrador, incluído o do Rexistro Civil, adaptado a discapacitados en cadeiras de rodas
4) Entrada no Rexistro Civil non adaptada a discapacitados.
5) Ausencia dunha quenda electrónica de chamamentos no rexistro civil e na oficina de atención á vítima.
6) Ausencia dunha sala de agarda para vitimas de violencia de xenero
7) Escalón das salas de audiencia non adaptadas a entrada/saída de avogados/procuradores en cadeiras de rodas.
8) Ausencia de salas propias de videoconferencia.
9) Ausencia monitor sinalamento xuízos.
Ligazón fotografías:
*Por motivos de seguridade non se poñen os planos de distribución das dependencias xudiciais.
Comentarios
Publicar un comentario