Saltar ao contido principal

GARDAS 24 HORAS. A CIG REÚNESE COS GRUPOS POLÍTICOS NO CONCELLO DA CORUÑA

O pasado día 17 as delegadas de Xustiza da CIG na Coruñam mantivemos unha reunión coa alcaldesa para recabar o seu apoio á modificación do sistema de gardas na cidade da Coruña. Inés Rey manifestou non só a súa postura favorable senón tamén a súa disposición para presionar a Rueda para que emita dunha vez o informe que está pendente e, a instancia da CIG, comprometeuse a presentar unha moción no primeiro pleno do ano 2020 para intentar acadar unha declaración institucional de apoio ás gardas de 24 horas para a cidade que, posteriormente lle sería remitida ao Vicepresidente. 
Para a aprobación da declaración institucional precísase o apoio de todos os grupos municipais, polo que estamos a manter reunións con eles.
De non conseguir o apoio de todos pero si da maioría, o que sería aprobada sería unha  moción, que tamén se remitiría á Xunta. 
Asimesmo, lembrar que no mes de setembro non foi aprobada  unha proposición non de lei presentada polo grupo do PSOE no Parlamento galego instando á emisión do informe favorable, polo que, a CIG no mes de outubro púxose en contacto con outros grupos parlamentarios, dando lugar á presentación de novas proposicións non de lei por parte do Grupo mixto e BNG. 
Por outra banda, dado o rexeitamento da primeira proposición, a Xunta de Xuízas/es da Coruña reiterou o pasado mes de novembro o acordo da mesma, do mes de maio, que deu lugar en xuño a un acordo 
da Sala de Goberno do TSXG no que amosaba a súa conformidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr