Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS AUXILIO XUDICIAL - OEP 2017-2018

Hoxe publicouse no BOE a convocatoria do proceso selectivo pola quenda libre para cubrir, a través do sistema de concurso-oposición, 1.810 prazas (3 prazas convocadas en Galiza) no Corpo de Auxilio Xudicial (código de corpo 030), en base ao establecido no Real Decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e nos Reais Decretos 954/2018, e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproban a oferta de emprego público para o ano 2018. Do total das prazas convocadas reservaranse 127 prazas, coa distribución territorial reflectida no punto 1.1 da convocatoria, para ser cubertas por quen teña a condición legal de persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33%, sempre que acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias que corresponden ao Corpo de Auxilio Xudicial e superen as probas selectivas. As persoas con discapacidade que soliciten algún tipo de adaptación, deberán achegar, ademais, un ditame técnico facultativo actualizado acerca da procedencia da adaptación solicitada, emitido polo órgano técnico de valoración que determinou o grao de discapacidade, no que conste expresamente a adaptación que corresponde ao interesado en cada un dos exercicios segundo as súas circunstancias persoais. Esta adaptación pódena solicitar todos os aspirantes con discapacidade con independencia de que accedan ou non pola cota de discapacidade. As prazas reservadas a persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularán ás de sistema xeral. Os aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar polo resto de prazas do sistema xeral. Os aspirantes só poderán participar por un único ámbito territorial, e, en caso de superar o proceso selectivo, obterán necesariamente destino dentro do ámbito territorial polo que concorren. As prazas que queden desertas nun ámbito territorial non se poderán acumular a outro distinto. Non se admitirá a modificación do ámbito territorial elixido unha vez presentada a solicitude. 
Data de inicio de presentación de instancias: 28 de xaneiro de 2020.
Data de fin de presentación de instancias: 24 de febreiro de 2020.
Ligazón BOE:
Ligazón para inscrición:
Información sobre inscrición:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.