Saltar ao contido principal

V XORNADA DE FORMACIÓN E-MARTES - NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS

Dentro da iniciativa Universo EGAP innova, a Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o 4 de febreiro unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) que abordará, como obxecto de estudo:
  • As notificacións electrónicas e o Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
  • A identificación dixital (certificados dixitais e Chave365)
  • Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Estas xornadas son un proxecto de formación práctica dixital que ten como finalidade facilitar a implantación da Administración electrónica e fomentar cambios substanciais nos procedementos de traballo e de xestión por competencias.
As persoas destinatarias desta actividade son:
  • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
  • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela- o 4 de febreiro en horario de mañá e tarde (6 horas lectivas). Hai 50 prazas dispoñibles.
A inscrición poderá realizarse desde as 8:00 horas do 24 de xaneiro ata as 23.55 horas do 28 do mesmo mes en https://egap.xunta.gal/matricula

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.