Recordámosvos que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.
É moi importante ter en conta que
non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple
gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e
presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI
electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares
do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das
Administracións Públicas.
A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da
Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza,
pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia é a
desistencia dos aspirantes de todas as súas solicitudes.
Comentarios
Publicar un comentario