A Dirección Xeral, nun alarde de destreza xurídica nunca visto e que pasara aos anais da historia, colleu a resolución do Ministerio de Xustiza, pasouna polo traductor Gaio e ven de publicala nestes momentos, deixando as mesmas dúbidas e inconcreccións que a resolución ministerial non foi quen de plasmar. Notase que os libres designación da adminstración autonómica están sobrepasados e como non contan máis que coa opinión dos xuices na comisión de seguemento no TSXG pois así sae esta chapuza de resolución que lles levou dende onte a noite ata agora mesmo, debeu ser que quen tiña que traducila non daba atopado en google ao traductor para que lla pasase ao noso idioma sen ningunha falta de ortografía. En fin, en mans de quen estamos. Menos mal que as centrais nucleares suponse que están en mellores mans. Ligazón resolucion DXX adaptación servizos mínimos: https://drive.google.com/file/d/1GqzdLGB-V0McLXq1d80JwKczE6W4CBEj/view?usp=sharing